Benvidas/os ao noso novo Blog de Voz Natura
Neste espazo intentaremos amosar o noso traballo a prol do medio ambiente
Benvidas/os ao curso 2020/2021…
Outro curso máis volvemos a traballar nun proxecto de Voz Natura, este ano somos 365 centros.
O tema principal desta 24ª edición é “ A protección e recuperación do entorno natural dos camiños de Santiago“ e baseándonos niso o noso centro deseñou o proxecto, que leva por título, “Facendo camiño”. Intentaremos relacionar todas as actividades con este tema ao longo deste curso escolar, co obxectivo de concienciar aos nosos alumnos/as da importancia do coidado do Medio Ambiente. Seguiremos a traballar no noso horto, na compostaxe, na mellora dos patios e por suposto e sobre todo no coidado do “Coto da Gaiteira”.
Todas actividades que fagamos irémolas colgando neste Blog e estaremos encantados de recibir os vosos comentarios, propostas e suxestións.