Colaboramos coa Asociación Recycling Bicicletas Solidarias decorando esta que estará exposta no Centro Comercial Pontiñas de Lalín . O obxectivo e concienciar e promover as iniciativas desta asociación galega que loita pola igualdade de oportunidades dos nenos e nenas de comunidades africanas, como Marrocos ou Guinea Bissau. Nela intentamos representar a nosa aposta polo coidado do Medio Ambiente e das árbores e o lema do noso proxecto Voz Natura deste curso escolar “Fortes coma carballos”.